miércoles, 16 de abril de 2014

Marmelada de cogomelos

Sorprende na sobremesa da casa con esta receta de marmelada de cogomelos, 100% natural. Non apta para diabéticos!

Ingredientes:

  • 500 gr de cogomelos: é recomendable empregar cogomelos doces, como os anises do monte, os pés azuis, as cantarelas...
  • 300 gr de azucre.
  • Un limón.
  • Canela en rama.
Preparación:
  • Nunha cazola patela, bótanse os cogomelos moi ben picados xunto co azucre.
  • Cóbrese con auga e engádeselle unha pela de limón e unha ramiña de canela.
  • Déixase cocer con pouco lume, ata que se forme un amoado de consistencia semellante á marmelada. Retírase e déxase arrefriar.
  • Pásase pola batidora para homoxeneizalo e pódese servir tal que así ou en botes de vidro.
  • Se queda moi doce, pode engadírselle pingas de limón para suavizalo.


Cogomelízate!

No hay comentarios:

Publicar un comentario