miércoles, 9 de abril de 2014

Hai cogomelos en Galicia?

Non podo crer que nunca viras un cogomelo en Galicia! O Centro Forestal de Lourizán ten feito un cálculo aproximado; e é que en Galicia producimos cada ano 120 quilos de cogomelos por hectárea, o que nos da uns ingresos aproximados de 12.020.000€ segundo o biólogo Antonio Rodríguez Fernández , que traballa como asesor para A Xunta de Galicia.

Este biólogo, que ven de dar conferencias sobre o mundo da micoloxía, a ciencia que estuda o universo dos fungos, destaca a importancia de coidar os nosos bosques e as nosas árbores. Préstalle especial atención aos carballos, castanos e pinos. Sabías? Os nosos bosques ten especies tan demandadas como a Boletus Edulis (que en galego ten o nome de Madeirudo) ou a Cantarela Cantharellus Cibarius (que en galego ten o nome de pan de cabra).

Non teñas medo, amante do cogomelo; aínda que hai un pouco de expolio nos nosos bosques, en Galicia ningunha das nosas especies está en risco de extinción.


Cogomelízate!

No hay comentarios:

Publicar un comentario