viernes, 11 de abril de 2014

Colleita de cogomelos... (II)

Xa adicamos unha entrada a falar de qué precisas para ir na procura de cogomelos, pero falta unha entrada que explique, ben a fondo, como debes ir na súa procura.

Recorda, vas ao monte a recoller cogomelos, non vas xogar unha partida de padel ou de tute. Debes usar roupa cómoda para os movementos libres e un bo calzado, seguro, que te protexa de esvaróns e de silvas, toxos e espiñeiros.

Debes adquirir un cesto de vimbio, de boca ancha e pouco profundo preferiblemente. Tamén debes levar un caxato que te axude a camiñar polo monte, que te axude a abrirte paso entre fentos e espiñeiros. Unha navalla, ben cortadora, para rabenar o pé do cogomelo de forma limpa, sen que sofra o micelio, garantizando colleita para o ano seguinte. Só se debe arrincar un cogomelo a fondo se estamos seguros da súa toxicidade. Os fungos non son velenosos ao tacto, senón na inxesta, polo que non é preciso que coides as mans para recollelos. Nembargantes, podes levar unhas luvas de latex para manter a hixiene na colleita.

Debido ao perigoso que é o consumo de cogomelos se non se entende deles, é recomendable levar sempre consigo un libro para identificar as especies. Tranquilo amigo mico! Senón queres cargar cun libro, as novas tecnoloxías axúdante na tarefa: o noso blog amigo Dous Cogomelos presenta unha app para recoñecer cogomelos.

Outro complemento que non debe faltar na súa mochila mico é sen dúbida un block de notas e un lapis. Cando se atopan cogomelos debe terse en conta que o micelio se extende por debaixo da terra, polo que atopalos unha vez pode significar cogomelos durante varios outonos. Así, non está de máis anotar con precisión as zonas onde tes atopado cogomelos.



Cogumelízate!

No hay comentarios:

Publicar un comentario