Mostrando entradas con la etiqueta colleita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colleita. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de abril de 2014

Cogomelos alucinóxenos

A hora de recoller cogomelos debes ter coidado de non recoller cogomelos velenosos, pero tamén has de coidarte de non recoller cogomelos con efectos alucinóxenos ou de transtornos de personalidade. Nesta entrada reproduciremos os principais cogomelos alucinóxenos, os seus efectos e as cantidades nas que poden ser mortais. O seu consumo é altamente perigoso e se percibes que tes síntomas de telos consumido debes acudir ás Urxencias máis próximas. Nembargantes, estes cogomelos teñen propiedades medicinais que son empregadas pola industria farmacéutica de xeito proveitoso para a saúde do home.

Amanita muscaria, en Galicia, Rebentabois
Cogomelo moi coñecido e popular, a pesar de ser velenoso. É difícil de confundir, pola súa cor vermella e pintas brancas. É moi frecuente atopalo en Galicia en grupo moi numerosos baixo castiñeiros e sobre todo piñeiros. Catalogado como alucinóxeno, malia que é consumido en cru ou cociñado por grupos de mozos, pero con efectos moi dispares en función da cantidade inxerida, resistencia do corpo do consumidor e outras circunstancias. Foi empregada na antigüidade nos Montes Urais, Siberia e Norte de Asia antes de coñecer o vodka polas propiedades alucinóxenas que posúe. Tamén foi empregado polos romanos para "sandar" transtronos psíquicos.

O seu principal efecto é o alucinóxeno, consumido en cantidades pequenas. Consumido en altas cantidades pode producir insuficiencia hepática e coma. A cantidade de consumo depende de cada persoa, en función de altura e peso. Os efectos alucinóxenos están producidos pola muscarina e o muscirol. Á media hora, aproximadamente, de ser consumido, produce vómitos e dores cólicas. A continuación, comezan os efectos alucinóxenos; alegría eufórica, elevación da forza muscular, alucinación nas que se imaxinan persoas coas que se dialoga, os obxetos se mostran máis grandes e sinuosos do que o son en realidade. O consumidor mantén o coñecemento en boas condicións e non ten problemas de coordinación. Tralos efectos alucinóxenos, produce relaxación xeral e sono; neste momento se teñen sonos que poden confundirse con premonicións sobre o futuro.

A Amanita Muscaria ten un sombreiro vermello ou amarelo alaranxado, salpicado con flocos brancos, que os restos da membrana. En días chuviosos, estes poden desaparecer e ser maís marcados en días de calor. Pode chegar ao 20 cm de diámetro, hemisférico, convexo e finalmente estendido. As lamelas son sempre brancas, tupidas e libres. O pé é branco, de máis de 20 cm en moitos casos, cun anel bastante longo e membranoso e presenta escamas na parte inferior. Coma tódalas amanitas ten volva pronunciada no pé. A carne é branca, inodora e insípida. Baixo a cutícula presenta unha tonalidade alaranxada.

Pode atoparse baixo bidueiros, aínda que baixo castiñeiros, piñeiros e abetos tamén aparece.

Psilocybe
Psilocybe azurescens
O xénero Psilocybe e todas as súas variedades son de posesión ilegal en España (tanto o cogomelo e o micelio; pode comercializarse a espora) polos seus efectos altamente psicotrópicos e alucinóxenos. Os efectos poden confundirse cos do LSD, en pequenas cantidades facilita a suxestión e estimula as relacións interpersoais. En altas cantidades cantidades ten efectos enteóxenos, introspectivos. Prodúcense alucinacións de ollos pechados e ollos abertos, con figuras xeométricas de diversas cores que poden chegar a confudirse coa realidade. Produce tamén efectos dispares como a euforia, a desorientación ou a depresión. A sobredose de psilocibina produce trastorno da percepción, midriasis (dilatación das pupilas), disforia, hiperreflexia, taquicardia, aletargamento i euforia. Tense descritos casos de experiencias místicas, ansiedade, pánico e síntomas similares os da esquizofrenia. Trataremos con detimento a especie máis atopada en Galicia, o psilocybe semilanceata.

Psilocybe semilanceata, en Galicia, Mongui.


Cogomelo de pequeno tamaño, non supera os 5 cm. Coñecido popularmente polo nome de mongui ou fungo da risa. É moi popular polo seu uso como substancia psicotrópica. Empregado polos maias e aztecas para comunicarse cos deuses, na actualidade é consumido en Galicia por mozos que buscan efectos alucinóxenos ou similares o alcol.

A inxestión deste cogomelo, tanto en crú como cociñado, produce efectos no organismo e na personalidade, dun xeito antagonista, alterándose a percepción do espazo e do tempo, os sentimentos, a fame, o sono ou o confort sensitivo. Ademais, pode provocar cadros de paranoia ou manía persecutoria temporal que poden durar entre tres e seis horas aproximadamente.

Produce unha agudización dos sentidos e unha estimulación efectiva (provocando inhibición ou extraversión), facilitando a expresión dos sentimentos. Algúns dos efectos poden ir dende a hilaridade, desinhibición ou locucidade. Como a maioría das drogas alucinóxenas, o efecto dependerá moito do estado de ánimo da persoa e pode chegar a provocar ataques de pánico, angustia ou ideas suicidas. Os efectos a nivel físico pasan por un aumento da temperatura corporal, alteracións gastrointestinais (náuseas, diarreas e vómitos), transtornos perceptivos, perda do equilibrio...; tamén e relaxante e empregado na psiquiatría para coñecer as causas dun proceso depresivo ou esquizofrénico.

O mongui ten un sombreiro acampanado ou cónico, carece de anel e a súa cor varía dende o abrancazado, cando é pequeno, ao marrón, xa maduro. Destaca unha prominencia no centro do sombreiro moi marcada, que semella un queixo de tetilla. As lamelas son estreitas e pretas. A coloración é marrón clara, virando a marrón púrpura. O pé pode chegar a medir 10 cm. É fino, flexible, esvelto e fibroso,de tonalidade marrón pálida, máis escuro cara á base. A carne ten un sabor amargo; por este motivo, os consumidores deste cogomelo o misturan con mel ou chocolate na súa preparación.

Este cogomelo medra principalmente a partir dos 600 metros de altitude, preferentemente en zonas húmidas. Aparece en grandes grupos, en praderías ou campos especialmente ben estercados. O seu cultivo pode facerse na casa con esporas nun pan de arroz en condicións óptimas de humidade.

É totalmente desaconsellable consumir o mongui. En doses elevadas ten efectos altamente tóxicos, considerando a dose media como 1 gramo para un home de mediana idade de 80kg de peso.


Claviceps purpurea


Este fungo, moi curioso, é un parásito do centeo. Abundante en Galicia, sempre estivo rodeado de misterio e polémica. Resulta moi beneficioso baixo control médico e farmacéutico e chega a ser mortal en caso contrario. Existen moitas lendas sobre este fungo, sendo mencionado incluso na Biblia. No ano 857 rexístranse casos de doenzas por consumir pan contaminado por este fungo. Durante anos empregouse na medicina, ata o ano 1824, como contractor uterino durante os partos.

O claviceps purpurea ten unha serie de substancias alcaloides, do grupo da erglina; e ácido lisérxico, precursor do potente alucinóxeno coñecido como LSD. Os efectos poden ser diversos tralo seu consumo: na fase convulsiva ou fogo de San Antón, está caracterizada por alucinacións e unha sensación de ardor visceral, provocando ataques de tipo epiléptico, que poden rematar en paro cardíaco. A segunda fase, a grangrenosa, está caracterizada pola ausencia de vitamina A no afectado, que evoluciona cara á gangrena de extremidades que chegan a mutilarse.

A industria farmacéutica emprega as substancias que se extraen del para corrixir hemorraxias do útero, acelerar o parto, alivio de xaquecas, estimulante da función mental e como tratamento no Parkinson.

O seu aspecto é o dun craviño, lixeiramente curvado e rematado nunha esfera ou cabeza. Mide entre 4 e 6 cm de lonxitude. Atópase fundamentalmente no gran do centeo aínda que é fácil de atopar nos grans doutras especies en épocas moi chuviosas.


Recorda, aínda que o consumo destes cogomelos poida resultar atractivo polos seus efectos psicotrópicos, son altamente perigosos e en todos os casos poden producir a morte polo seu simple consumo e son mortais en doses altas.



Cogomelízate!

jueves, 10 de abril de 2014

Colleita de cogomelos...

O cogomelo como xa temos dito é un produto propio do outono, da choiva, vento e humidade. Antes de te botar ao monte, debes adquirir unha boa guía sobre cogomelos, para poder identificar as diferentes variedades e non recoller ningún fungo velenoso. Non te preocupes! A partir de hoxe adicaremos tres ou catro entradas diarias aos diferentes tipos de cogomelos, onde vos indicaremos como é o seu sombreiro, as súas lamelas, o pé, a carne, a esporada, o hábitat onde atopalo, algunas observacións concretas e o máis importante, a súa comestibilidade.

Mais antes de comezar a entrar en detalles, esta entrada pretende dar unhas nocións básicas de cómo se deben colleitar os cogomelos e como se deben transportar ata a casa e limpalos. Na seguinte, como preparalos para o consumo e tamén, se queres, ensinareite como preparalos en conserva.


Como xa temos dito, só debes colleitar aqueles cogomelos que tes a certeza de que non son velenosos. En caso de dúbida, é mellor non colleitalo. Durante a colleita, tamén hai que recordar que eses cogomelos imos inxerilos; non se deben colleitar cogomelos que parezcan en mal estado, nin picados, nin demasiado maduros e, moi importante, que non estén enchoupados en auga.

Limpar o cogomelo ben é un proceso moi laborioso, pero debemos comezalo no campo. Levar un pincel connosco para ir retirando a meirande parte da terra ou area é fundamental, para non chear o noso cesto de cogomelos de terra. Ao chegar a casa, hai que repasar os cogomelos e limpalos novamente, con auga. Este traballo debe facelo sempre unha persoa que coñeza os cogomelos e as súas variedades, pois sempre pode haber por despiste un cogomelo velenoso na cesta.

A maioría dos cogomelos hai que limpalos e preparalos para a súa conservación ou consumo nada máis chegar a casa; se se deixan estar na cesta ou neveira córrese o risco da aparición de vermes. Esta práctica é máis conveniente nos cogomelos carnosos, que son parasitados con máis facilidade (coma os níscaros, ou os boletos).


Cogomelízate!

miércoles, 9 de abril de 2014

O cogomelo...

O Míster Cogomelo nace nas fragas, nás árbores, nas pedras. Nace do vento e da choiva. Cada outono, volta aos terras galegas, escondido e esperando a colleitado. Cada outono, centos de galegos voltan aos montes, coma nun rito ascentral, na procura destes fungos que tan ben casan neses platos da lareira. Os galegos, xente sabia, tenlle moitos nomes aos cogomelos; ten bo coidado de non atoparte cun pan de sapo:

No blogue Místero Cogomelo procuraremos información sobre os cogomelos de Galicia, da súa tradición e colleita. E se temos tempo, e queres, podemos falar de como cociñalos. Se tes algunha proposta para este blogue, podes remitila por e-mail a misterocogomelo@gmail.com

Cogomelízate!